Recuncho dos venres: March 2006

Recuncho dos venres

Tuesday, March 14, 2006

Cando tiña cinco anos soñaba con ser unha cegoña, aguia, rula, curuxa ou un merlo. Todos voaban nos días e disfrutaban dos meses do ano.

Eu pensaba que era divertido, mellor que xogar debaixo do castiñeiro cunha morea de plásticos, imaxinar a inexistencia, e así pasar e pasar e pasar o tempo... ata medrar e deixar atrás o soños.

Daquela non comprendía a díficultosa vida dunha ave. No Faro, un fermoso espazo para poder voar sobre a inmensidade dos océanos do mencer, podían chegar a atoparse cunha aspa xirando a gran velocidade ou cun incendio provocados por unhos vándalos.
Daquela, descoñecía a Gripe Aviaria.