Recuncho dos venres: June 2005

Recuncho dos venres

Friday, June 17, 2005

Ohhh!!! A despedida...

E...parece mentira que xa pasasen seis meses dende que creamos o noso recuncho,e...agora que nos queda unha semana para rematar as clases(por fin....!!!) temos que despedirnos do blogger (que mal....!!).
A verdade e que nos resultou divertido, relaxante...por iso foi o noso rechuncho, onde desconectar; do agovio, da rutina, das presas,das clases...do tempo!!!
Esperamos que para todos os que segistes as nosas pequenas pegadas tamén tiverades o voso recuncho na nosa páxina!!!

Vamos a seguir escribindo no verán, ainda que non tan a miudo e tampouco as dúas xuntas.

Moitos saudos dende o recuncho!!!
O día das letras galegas, Susana, gañou un lote de libros por participar no concurso organizado polo instituto!!

Deténse de novo a mirar para a foto. Bota de menos non buscar nada en ningures e sempre atopar algo. Tamén, cando nenas, pasaban as tardes a xogar na alameda e ó truque...
Tiña o cabelo louro e a pel tan branca e suave...Xa non quedaba nada daquela Ánxela.
As historias do avó...; " miña cerella, senta aquí, o meu carón, que che ei contar o conto..."
Olla agora pola fiestra e ve os rañaceos, xigantes que gañan forza neste mundo roto e enfermo e tenta imaxinar o solpor en Rianxo, sentada con Xonxa na praia, mentres o sol se escapa trala liña do horizonte.

(Soraya): a verdade é que esta rapaza ten futuro!! E presente e pasado e soños e maxia e marabillas nos ollos e doces de nubes nos beizos e... e todo iso que non podo dicir aquí.
Noraboa, miña compi!!Nunca cambies!!

Friday, June 10, 2005

RiSa ToNtA...Ou...ToNtA rIsA...jajajajaja.

jajajajajajajejejejejeje...jijijijijijejejejejeejejej....ohhhhhh!

JAJA!!!

EsTa SeMaNa TiMoS o SiNdRoMe Da RiSa ToNtA.

Risa: Movemento que fas coa boca cando estas feliz ou che causa ledicia algo. As veces as risas van acompañadas de sons.
Cada ri de forma diferente.

Nós somos felices e rimos moito sempre (ben,case sempre) mais esta semana...TiMoS o SíNdRoMe Da RiSa ToNtA.

jiji...!

RiSa ToNtA: Movemento que fas coa boca cando estas cansada,estresada e a túa mente está saturada de datos.Sempre vai acompañada de sons!


Se ti amig@ te encontras na mesma situación ponte en contacto con nós ,a ver se, entre todos, acadamos a solución. jejija!!!

Friday, June 03, 2005

A experencia...!!!!

E xa rematou a novela por entregas... a verdade e que nos resultou moi complexo escribila e poñer as nosas ideas en común .Quizais teña razón xenevra e nos quedou bastante poético e clásico , pero para ser o primeiro intento tampouco estivo tan mal, non..........?
O que pasa e que nos metemos moito dende o principio no subxectivo e cada vez íanos resultando máis díficil continuar...