Recuncho dos venres: May 2005

Recuncho dos venres

Friday, May 27, 2005

Novela por entregas.IV

a noticia do xornal golpeoume de cheo na cara. É aínda que revolva nos recordos, non poderei mudar o presente.
E outra vez a música das ondas... levantome da mecedora,as ondas... chaman por min...fago equilibrios na baranda...A música,o cheiro a mar ...Un leve chimpo.....Perdurarei para sempre neste mar dos afogados.

Friday, May 20, 2005

Novela por entregas.III

E logo collíasme a man. E a miña pel estremecía, mentres eses ollos verdes reparaban en min con degoro. A marea seguía a subir e non nos importaba sentir a auga fría como tampouco nos importaba o tempo de todos os reloxos.
Tempo, tempo, tempo... Tempo é o que agora non teño. Ti sábelo ben.

Friday, May 13, 2005

novela por entregasII.

Era o tempo da sega e botaba de menos o cheiro a herba cortada pero nesta terra só cheiraba a mar.
Os meus pés enzoufados na area, os ollos espreitando o horizonte, noites a piques de caer e, de súpeto, unha man no meu ombreiro. E ti aquí, ao meu carón... Gustábame cando estabas comigo. Ninguén máis . Ti , eu e o olor a mar.