COMEZOU ABRIL. A min cólleme instalado na invernía: chovénme por dentro unha tristeza, un qué pasa conmigo chaval, un non te me rindas. Esperando. A Godot, que era o tipo aquel que non acababa de chegar. Que non chegaba nunca.Este ano propóñome aproveitarme de abril dende mañá mesmo. Non permitir que se me pase, como cada ano, envolto nun santiamén veloz e ulceroso.Este abril poñeréime as pilas da ilusión. como só por saber que a ilusión, como unha luz, non me falta. Colgarei no cedé portátil os soños gravados algún día. Regresarei a Itaca para que a Itaca regrese a min. Este abril procurarei abrazar os abrazos perdidos. Amarei máis do que me amen. Bicarei os bicos que me faltan. Sazonarei con gintonic sen alcohol, ai, cada madrugada: ya no cierro los bare ni hago tanto excesos, canta Joaquín. Este abril vestirei de primavera a primavera. Levantareime co sol algún día. Saudarei a precampaña electoral con vivas a democracia(sin Franco, sin estatuas). Perderei a Deus que esperte, que leva tempo durmido. Este abril serei un individuo mediofeliz, mediomelancólico. Coma ti, que non sabes que xa comezou abril. Abril para o gozo. Para que non chova tristeza por dentro. Para vivir,corazón. Para vivir.
Xosé carlos canerio, En abril.
La voz de Galicia.
Impresionante,non teño palabras suficientes para poder expresarvos o sentimento que me causou ler este artigo.
Antes de nada, decir que me permitin o luxo de cambiarlle un palabra o principio e outro case o final.
Caneiro é un dous escritores xunto a Enma Pedreira, Maria xosé Queizán, Pilar Pallarés, Igor Lugrís, Lois Pereiro, Xela Arias, Yolanda Castaño, Lino Branxe, Lupe Gómez...e moitísimos máis, que me engaiola cando leo algún artigo no periódico ou algún dos seus poemas.
Un saúdo para todos os que nós leen e para a miña compañeira de blogger, susana, que está enfermiña.