AMÁBANSE sen esperanza, como din que se aman os que de verdade coñecen o amor. Ela estaba sentada na barra de Café Soledad. Tomaba un capuchino e remexía coa culler a espuma da memoria: os abrazos, a linguaxe tonta dos amantes, a cama diminuta que parecía máis grande con el. El, que residía permanentemente en Café Soledad, só pensaba nela. O periódico unira as súas vidas. Dende que se amaban Zapatero semellaba menos demagogo, Moratinos sensato, Rajoy menos atado a un mástil aznarino, Maragall prudente, Fraga enternecedor, incluso Pita varela parecía máis amable querible mazapán. Todo empezou nas páxians de atrás. Cando el remataba de ler o periódico ela, cun bolígrafo coa cara de Goya, enchía as casillas do encrucillado. Unha mañá, nas sete correspondentes a (segundo apelido do escritor máis vnedido que se chama Arturo), el escribiu: Quérote. Marchou, desasosegado. Ao día seguinte, á hora do almorzo, ela non estaba. Triste colleu o periódico. Na portada da Voz había algo escrito. Alguén pintou a cara de Goya e dúas palabras. El pediu un capuchino. Non pasou da primeira páxina. Os seus ollos quedaron varados naquelas dúas palabras: eu tamén. Nunca parou o seu barco nunha praia tan fermosa.
Xosé Carlos Caneiro, A praia.
La Voz de Galicia.
Cando digo que te amo
non falo dos teus ollos grandes
nin dos dedos longos que me arrolan
nin das mans que me tocan con degaro
Cando digo que te amo
non sinalo as cousas imposibles que procuras
nin o cuspide da túa boca de marmelo
nin o zucre na borda dos teus labios
Cando digo que te amo
non esperta abril en choiva
nin a espera fundo para sempre
nin abandono a mágoa nos teus brazos
Cando digo que te amo
poalla surbia cómbaro mencía xardo
polpa pórfiro caruma queipa enxuro ábaco
digo mar terra tempo infinito
morte vida verso ceo canto
digo as palabras todas meu amor
cando digo
que te amo.
Xosé Carlos Caneiro, A Valga Do Triste Amor.
xosé Carlos caneiro (verín, ourense, 1963), poeta , narrador e xornalista, é diplomado en EXB pola escola Uninversitaria de Formulación do profesorado de Ourense e realizou estudios de Filoloxía Hispánica e de xeografía e Historia. Na actualidade é profesor do centro público de asociación cultural Monterrei da mesma vila.
A súa obra poética foi galardonada, entre outros, cos premios Celso Emilio Ferreiro, cidaqde de Ourense, Rosalia de Castro e Johán Carballeira do concello de Bueu e en calidade de narrador obtivo polas súas novelas O infortunio da soidade (1992) e Un xogo de apócrifos (1997 ) o premio xerais de novela e o Torrete Ballester de narrativa, respectivamente.
Traductor ao galego de obras teatrais de Sam Sheppard e John Shanley, no ano 1991 publicoyu baixo o titulo O buscador de nada unha recopilación de ensaios e artigos xornalísticos.