Recuncho dos venres

Recuncho dos venres

Wednesday, April 13, 2005

Estábase a rir de nós. Tareixa, segue a facer malabares co bolígrafo e Mario tenta imitala. Estase a rir de nós. Ana dorme esperta. O tempo non pasa. Segue a rirse de nós. Antón non escoita pero escribe o que sexa. Bea olla atenta para as explicacións do taboeiro, tamén dorme esperta. Catro horas. Estou nerviosa, ou só un pouco inqueda. Tampouco é para tanto. Non me gusta como fala. Mario segue tentando facer malabarares como fai Tareixa e ela segue a rir de nós. Non o consegue. Tampouco ela. Xoán arrolíncase na cadeira, como se estivera no bambam roxo da Alameda. Tres horas e corenta e cinco minutos. Ri de nós como fai e fará sempre. Non estou nerviosa pero teño algo de medo. Gústame ter medo. Ás veces tamén lle damos medo a ela. É o xusto. Mario ainda non consegue collerlle o truco ao boligrafo e ela segue a rir de nós.
Susana.
(l.universal,2004-05)

4 Comments:

  • At 3:59 AM, Anonymous PYN said…

    Esta ben q tamen escriba a profesora pero haber se esas rapazas q tanto espiritu parece q teñen pola calle e na clase...(eso vai por todas: Sandra, Patu, Soraya, Celia e demais familia e tamen os rapaces...;))se poñen a escribir algo pq senon esto parece o blog de Susana(q estaria ben q tiveras un ;)) bueno queda dito deixadevos de non facer nada e traballade un pouco un aperta DAN`´UP P.D.Non escribo nunca tildes ajajaj

     
  • At 10:26 AM, Anonymous Anonymous said…

    Noraboa polo relato. Gústame moito cando deixades vós toda esa carga de poesía que levades dentro.
    Sodes o mellor poema!!!
    Xenevra

     
  • At 10:45 AM, Anonymous Dragon Lady said…

    REmata abril, este mes-máis-cruel. E por fin consigo entrar no voso blog. Bo relato, Susana. Escribide máis. A miña especie alimenta o seu alento queimante con literatura.

    Bicos e adiante

     
  • At 12:02 PM, Blogger Actos said…

    nice post, it's really interesting for me today, thx

     

Post a Comment

<< Home