Recuncho dos venres

Recuncho dos venres

Tuesday, March 14, 2006

Cando tiña cinco anos soñaba con ser unha cegoña, aguia, rula, curuxa ou un merlo. Todos voaban nos días e disfrutaban dos meses do ano.

Eu pensaba que era divertido, mellor que xogar debaixo do castiñeiro cunha morea de plásticos, imaxinar a inexistencia, e así pasar e pasar e pasar o tempo... ata medrar e deixar atrás o soños.

Daquela non comprendía a díficultosa vida dunha ave. No Faro, un fermoso espazo para poder voar sobre a inmensidade dos océanos do mencer, podían chegar a atoparse cunha aspa xirando a gran velocidade ou cun incendio provocados por unhos vándalos.
Daquela, descoñecía a Gripe Aviaria.

Tuesday, February 21, 2006

Creín que era a única que xogaba cos soños.

Os venres somerxome no munda da existencia mentres os luns emerxo para perderme nesta inmensa carballeira.

A choiva parece non amainar, mentres eu comprendo que hai que loitar, vivir sen que ninguén o faga por ti.

A mañá segue, andanme a contar:


- ¡É tan difícil pensar!
- Vivimos nun mundo mediático no que absorvemos a información coma esponxas sen pasala antes polo noso tamiz (ou demiurgo).
- Deixamos que o poder nos sobrepase.

-(…)

¡¡Que razón ten Kant, ata parece maior de idade!!


Silenzo alguén anda a falar.

Sunday, January 08, 2006

Este recuncho necesita desganduxar as feridas lúgubres, luídas que impiden vela enfiadeira.

Sunday, December 11, 2005

O derradeiro sentido esta en mirar a lúa dos teus ollos e escurecer o sol da memoria invernal.

Pensar que só soñaba contigo que todo era unha ilusión, que agora teño ante min.
Ninguén coñece o lugar nin o momento exacto.

Quixera saber se ti recordas os días de lúa chega, cando xogabamos na herba mollada do deserto sin mar.

Agora, pensar que me perdín daqueles días nos que o inmenso océano me achegou ao fin a agonía da vida sen que xamais perdurase aquela mirada, aqueles xogos...

¿¿Recordas??

Friday, December 09, 2005

Vivo por ti

Na inexistencia dos días non crecen as árbores desta carballeria, elas só me acompañan nos días en que a bufanda, deixa un aroma que se esvara entre as ramas dos soños!!

Refuxiarme nos momentos vividos na profundidade do teu océano, danme gañas de vivir, nos que os días fríos de inverno perduran no tempo.
Por iso, vivo en ti.

Estas árbores da carballeira deixaran un gran aroma a recordo!!


17/02/05


Sunday, December 04, 2005

Decembro?Soños?mundo?

Decembro espertou en choiva,eu espertei do soño sin fin, por que este mundo non ten nin fin nin espontanedade (o contratrio que Platón decía dos seres naturais), este mundo pregunta pero non responde.

Eu, busco respontas que non teñen nin unha soa pregunta.
¡Que difícil é vivir!

Friday, September 23, 2005

Penso...


Sigo, non me concentro.
Non lembro que vós iba de decir.

penso...


xa non sei.

Mellor será marchar.